GADIS convoca o seu 4º concurso de microrrelatos

05 Xullo 2023

Gadis lanza a 4ª edición do seu Concurso de Microrrelatos, que pretende seguir dando a coñecer e visibilizar a talentos emerxentes no ámbito da escritura. A partir deste xoves, 6 de xullo, pódense empezar a enviar os textos cunha nova temática: a natureza. O argumento elixido está en consonanciaco interese da empresa en concienciar da importancia de ter un comportamento responsable co
medioambiente para a conservación da contorna.
Os relatos han de ser orixinais e inéditos e poden estar escritos tanto en castelán como en galego. O prazo para participar ábrese ata o 31 de agosto. O único requisito é ter máis de 14 anos e cubrir un formulario na web https://www.gadismicrorrelatos.com/.
Como a natureza é un tema amplo e pode ser interpretada de diversas maneiras, desde Supermercados Gadis esbózanse algunhas ideas: “A brisa que se levanta á noitiña, unha folla que se desprende dunha árbore marcando a chegada do outono, as margaridas que aparecen nun campo sen segar. A natureza
arróupanos de tal forma que é parte de nós, parte do noso paso polo mundo.”
Publicación dun libro Para dar maior difusión a esta iniciativa e recoñecer publicamente o labor dos autores, Supermercados Gadis publicará, por cuarto ano consecutivo, un libro cos mellores microrrelatos. En total, regalará 30.000 exemplares nos seus puntos de venda de Galicia e Castela e León o próximo mes de outubro.
Tamén se poderá descargar na web en formato dixital. Entre todas as narracións, o xurado seleccionará tres, que premiará cun MiniDrone, un telescopio e unha cámara deportiva.
Éxito de participación
Máis de 4.000 persoas anónimas de diferentes puntos da xeografía española mostraron a súa orixinalidade en menos de cen palabras desde que Gadis lanzou este concurso que, en cada edición, varía a temática: os encontros, os descubrimentos, os soños e agora a natureza.
Supermercados Gadis anima a mozos e a adultos a dar renda solta á súa creatividade enviando os seus microrrelatos ao certame, no que confía en manter a elevada participación de anos anteriores.
Compromiso cultural
Un dos piares do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa é o compromiso coa cultura nas súas diferentes manifestacións. No ámbito literario, Gadis difunde a obra de escritores consagrados e de autores emerxentes a través da súa labor editorial. Ademais dos exemplares nos que reúne os microrrelatos, nos últimos anos editou máis de 360.000 libros en galego ao fío do Día das Letras Galegas.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.