Do mércores 02 ao sábado 05 de agosto, organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración da Deputación da Coruña, a Escola de Música de Rianxo e a Fundación Museo de Artes do Gravado e a Estampa Dixital (Concello de Ribeira), vai se celebraro Festival Noites de Jazz na vila rianxeira, cuxos detalles podemos consultar na web noitesdejazz.gal e que foi presentado a semana pasada no Auditorio Municipal nunha rolda cos medios de comunicación na que se informou do programa e da implicación cultural, social e turística deste importante evento da nosa comarca. A axenda de Noites de Jazz de Rianxo inclúe media ducia de concertos de primeira liña musical e, tamén, unha exposición a xeito de complemento gráfico e visual da vertente máis puramente jazzistica. A maiores, a vertente formativa estará cuberta por un Curso de Big Band a cargo de Alfredo Susavila e Bernal Muíños.

Concertos
• Mércores 02/08/23, Praza Rafael Dieste, 22:00, Big Band da EMR
• Xoves 03/08/23, Praza Rafael Dieste, 22:00, Laroá
• Venres 04/08/23, Rúa de Abaixo-Casa Museo Manuel Antonio, 13:00, The Sar Swing Quintet
• Venres 04/08/23, Praza Rafael Dieste, 22:00, David Regueiro Trío e Alexandre Cavaliere
• Sábado 05/08/23, Rúa de Abaixo-Casa Museo Manuel Antonio, 13:00, Trío Teshuva
• Sábado 05/08/23, Praza Rafael Dieste, 22:00, Cromática Pistona
Artes plásticas: Manteiga Jazz: gravados
• Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, do 28 de xullo ao 18 de agosto, de 09:00 a 13:30.
Formación
· Curso de Big Band. A cargo de Alfredo Susavila e Bernal Muíños.




