Decálogo para unha xestión sostible das praias presentado por Ecoloxistas en Acción

05 Xullo 2023

As persoas compórtanse de maneira moi diferente dentro dun parque natural ou nunha praia. Nos parques naturais presuponse un coidado do espazo, mentres nas praias súmanse todo tipo de contaminación: ruidos, luz directa, vertidos de augas residuais ou lixos mariños ou contaminación do aire pola presenza de coches moi próxima. 

Ecoloxistas en Acción denuncia que o uso masivo das praias fixo cambiar a forma de xestionalas. As praias pasaron de ser un ecosistema natural a un espazo onde prima a oferta de servizos aos usuarios mediante intervencións urbanísticas intrusivas sobre a preservación dos procesos naturais e a biodiversidade que as habita. 

Por iso a organización ecoloxista ha elaborado un decálogo con dez craves para xestionar as praias de maneira sostible. Tamén un test en liña para que usuarias e usuarios das praias poidan determinar se a súa praia está xestionada como un ecosistema natural ou máis ben como un aquapark. 

Entre as funcións máis importantes das praias, o decálogo destaca que estas fan as veces de encoros naturais, protexen as costas e preservan a biodiversidade. 

Tal e como explica o documento, “as praias son zonas críticas para a alimentación de vertebrados superiores de gran importancia como os peixes así como para a nidificación e conservación das aves. Ademais, o corpo poroso de area desempeña un papel crave como gran sistema dixestivo de filtración e purificación da auga, mineralización da materia orgánica e a reciclaxe de nutrientes”. 

Ao longo das últimas décadas, está a darse un proceso imparable de perda de achegas de area nas praias como consecuencia da construción de presas e encoros dos ríos que desembocan nas súas contornas que frean o fluxo sedimentario cara á costa. Aínda por riba, todo tipo de infraestruturas interrompen a dinámica lonxitudinal das poucas achegas que acaban chegando (paseos marítimos, espigóns, recheos ou dragaxes) e as construcións en primeira liña impiden o intercambio transversal cos sistemas dunares que quedaron por detrás, foron eliminados ou desapareceron. 

Ante a perda de area das praias, a organización ecoloxistas denuncia que os concellos empregan “cantidades inxentes de diñeiro público na mal chamada ‘rexeneración de praias’, un parche temporal que non resolve o problema”. 

Segundo Ana Díaz, voceira de Ecoloxistas en Acción, “é fundamental restaurar as praias para restablecer a súa dinámica natural e permitir que exerzan as súas funcións poñendo coto aos novos proxectos urbanísticos como ampliacións de portos, e recuperando e protexendo os sistemas dunares cando sexa posible”. 

Doutra banda, o decálogo alerta do problema engadido de retirar das praias os arribazones (restos de plantas e/o algas mariñas), en moitos casos con maquinaria pesada. Por descoñecemento e falta de sensibilidade ambiental, estes ecotonos seguen asociándose con sucidade e deixamento. Con todo, exercen funcións de vital importancia como a atenuación da enerxía da ondada e a retención da area nas praias limitando a erosión costeira, ou sustento e refuxio para multitude de especies. 

O documento presentado tamén propón unha lista de medidas necesarias: a retirada de contedores dentro das praias para recolocalas nos seus accesos, fomentando a responsabilidade da cidadanía de xestionar e reducir os seus propios residuos; a eliminación de duchas e lavapiés polo malgaste de auga potable que supoñen; a eliminación de todas as fontes de contaminación do aire, lumínica e acústica, como a luz directa en praias urbanas, chiringuitos ou motos de auga; ou a restrición do acceso de vehículos motorizados, apostando por corredores verdes para peóns e bicicletas, pechando aparcadoiros próximos e creando alternativas de transporte público para acceder ás praias. 

Ana Díaz, voceira de Ecoloxistas en Acción, declarou: “En definitiva, unha praia sostible é unha praia natural, sen estruturas antrópicas, libre de fumes e ruídos de motores, onde a xente poida gozar da conexión coa natureza”

Ecoloxistas en Acción presenta un documento con dez medidas para xestionar as praias de forma respectuosa coa contorna natural. 

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.