Carmen Sampedro sitúase na confluencia entre pintura e poesía coa súa mostra Ecléctica (Serie INA) no Centro Cultural Lustres Rivas

03 Xullo 2023

Dende este sábado 1 de xullo o Centro Cultural Lustres Rivas dá cabida a unha nova exposición da artista ribeirense Carmen Sampedro. Trátase de Ecléctica. Serie INA, unha mostra de pintura e poesía cuxa apertura contou coas intervencións do alcalde en funcións, Manuel Ruiz, e da propia autora.

Logo de ter experimentado en anteriores ocasións por un variado inventario de xéneros e fórmulas, a autora decántase nesta mostra polo monopolio exclusivo do óleo. Ademais, compón a proposta un libro poético con dez poesías da autora, de tal xeito que a sonoridade da palabra irrompe e completa a expresividade das imaxes.

Estará aberta ata o 29 de xullo de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 10 a 14 horas. A entrada é gratuíta.

Carmen Sampedro (Ribeira, 1956) é mestra de formación, estando actualmente xubilada. Expuxo por primeira vez en Malpica no 2013. En 2019 obtivo o primeiro premio do Concurso de Pintura e Poesía en el Camino, na Estrada, e no 2021 alcanzou o segundo premio no mesmo certame.

Ata o de agora Sampedro ten participado en 80 exposicións colectivas e 11 individuais.

É membro activo do colectivo Galeoska (Galegos e galegas Koa Arte).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.