A Festa da navalla de Aguiño regresa oito anos despois

06 Xullo 2023

Despois de oito anos sen celebrarse regresa a Festa da Navalla de Aguiño. O domingo 30 de xullo terá lugar a súa sétima edición e hoxe foi presentada no consistorio local nunha rolda de prensa que contou coas intervencións da concelleira de Cultura en funcións, María Sampedro; e dos integrantes da Comisión de Festas de Aguiño Raúl Santos, Xandre Millet e Laura Guisamonde, ademais de Julio Abraldes, histórico presidente da mesma.
Raúl Santos explicou que quíxose recuperar este certamen ao entender que é útil para promocionar o produto e máis para axudar a dinamizar a economía do pobo. A súa celebración é froito da colaboración ofrecida polo Concello de Ribeira, a Confraría de
Carreira e Aguiño e a Agrupación de Mariscadores de Aguiño, ademais da axuda de moitas empresas.
Vanse servir arredor de 1.000 racións cociñadas á prancha, ademais de caber a posibilidade de degustarse nunha paella para unhas 200 racións e tamén en empanada. Haberá ribeiros, albariños e outras bebidas.
Julio Abraldes, que era presidente da Comisión de Festas cando esta festa se celebrou por primeira vez, incidiu tamén en que estaba moi interesado en que se puidera recuperar e significou que o Concello axudou a que fose posible “dende o minuto un”. Tamén avanzou que os prezos serán “superopopulares”.


Festas do Carme
Xandre Millet aproveitou pola súa parte para desgranar a programación das Festas do Carme, que terán lugar os días 14, 15 e 16 de xullo cunha morea de actividades e o pregón da actriz ribeirense Xandre Millet. As verbenas estarán amenizadas por
Planet Discomóvil, Tito Maverick, Mateo Abelleira, New Yorl, Cinema e Marbella, para pechar ás doce da noite do domingo cunha gran tirada de fogos de artificio. Por outra parte, haberá tamén unha pequena procesión marítima o propio Día do Carme, pero tentarase que no 2024 se poida por fin ter unha como as de antes.

María Sampedro manifestouse “orgullosa” de manter esta última rolda de prensa como concelleira de Cultura rodeada de xente de Aguiño e fixo fincapé na importancia de que se produza o relevo interxeracional nas comisións de festas.
Neste sentido, puxo en valor o papel da comisión de Aguiño, que ademais de organizar as Festas do Carme e recuperar a Festa da Navalla tamén encárgase doutros certames como a Festa dos Maios ou a Festa da Xuventude. “Son un exemplo a seguir do que é facer parroquia”, dixo, e felicitou aos seus integrantes polo traballo que realizan ao longo de todo o ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...