O novo alcalde de Rianxo tralas recentes eleccións municipais, Julián Bustelo (Rianxo en Común), presentou na mañá deste mércores 28 de xuño o novo Goberno municipal e as súas concellarías. Segundo explicou o rexedor rianxeiro, as competencias repartiranse entre entre cinco concellarías, incluídas as atribucións que asumirá o propio alcalde (industria, comercio, emprego e turismo; ademais de urbanismo e mobilidade). O equipo tamén está integrado por Julio Alcalde (concelleiro de Deporte, Cultura e Educación e de Administración Xeral e Servizos Económicos), Ana Vidal (Política Social, Igualdade, Maiores e Xuventude), J. Alberto Angueira (Obras e Servizos Básicos, Medio Ambiente e Benestar Animal) e Olalla Figueira (Patrimonio e Lingua, Participación Veciñal e Mar).




