Muros, Outes, Noia e Ribeira van contar con novas aulas de formación dixital para persoas maiores

18 Xuño 2023

O Goberno galego, a través da Consellería de Cultura de Educación, habilitou máis de medio cento de aulas para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital. Fíxoo, concretamente en 55 centros educativos das catro provincias, co obxectivo de achegar adestramento e coñecemento tecnolóxico a 2.815 persoas ao longo de 2023. Trátase de centros onde xa se imparten estas ensinanzas. Haberá aulas en Muros, Outes, Noia e Ribeira.

“Esta actuación”, informa a Xunta, “permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática”.

As actividades irán dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais.

Con esta medida, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pretende tamén “impulsar as actuacións que levan a cabo os centros que imparten educación de persoas adultas, ao tempo que se cumpre o establecido na Estratexia Edudixital 2030, que ten como eixo segundo a mellora das competencias dixitais da cidadanía no ámbito das súas competencias”.

A relación de centros dotados con estas aulas é a que se reflicte na seguinte listaxe:

Arteixo. IES de Sabón

Betanzos. IES As Mariñas

Carballo. IES Isidro Parga Pondal

Cee. IES Fernando Blanco

A Coruña. EPAPU Eduardo Pondal

A Coruña. IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

Culleredo. IES Rego de Trabe

Curtis. EPAPU de Teixeiro

Ferrol. EPAPU Sta. María de Caranza

Ferrol. IES Concepción Arenal

Melide. IES de Melide

Muros. IES Plurilingüe Fontexería

Noia. IES Campo de San Alberto

Outes. IES Poeta Añón

As Pontes de García Rodríguez. IES Plurilingüe Castro da Uz

Ribeira. IES Nº 1

Sada. IES Isaac Díaz Pardo

Santiago de Compostela. IES San Clemente

Burela. IES Monte Castelo

Chantada. IES Lama das Quendas

Foz. IES de Foz

Lugo. EPAPU Albeiros

Monforte de Lemos. IES Río Cabe

Monterroso. EPAPU de Monterroso

Outeiro de Rei. EPAPU de Bonxe

Ribadeo. IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Sarria. IES Gregorio Fernández

Vilalba. IES Lois Peña Novo

Viveiro. IES María Sarmiento

O Barco de Valdeorras. IES Lauro Olmo

O Carballiño. IES Manuel Chamoso Lamas

Ourense. EPAPU de Ourense

Ourense. IES Ramón Otero Pedrayo

O Pereiro de Aguiar. EPAPU de Pereiro de Aguiar

Verín. IES García-Barbón

Bueu. IES Johan Carballeira

Cambados. ES Francisco Asorey

Cangas. IES de Rodeira

A Estrada. IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A Guarda. IES A Sangriña

Lalín. IES Laxeiro

A Lama. EPAPU Nelson Mandela

Nigrán. IES Escolas Proval

Ponteareas. IES Val do Tea

Pontevedra. EPAPU Río Lérez

O Porriño. IES Ribeira do Louro

Redondela. IES Pedro Floriani

Silleda. IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Tui. IES Indalecio Pérez Tizón

Vigo. EPAPU Berbés

Vigo. IES Castelao

Vigo. IES de Teis

Vigo. IES Politécnico de Vigo

Vigo. IES Santa Irene

Vilagarcía de Arousa. IES Armando Cotarelo Valledor

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...