A Concellería de Deportes informa de que hai de prazo ata o 28 de xuño para poder inscribirse no Trofeo A Toxeira de Tenis promovido pola Asociación As Miñoteiras.
Esta competición terá lugar ao longo do mes de xullo en instalacións deportivas municipais e contará con catro categorías: absoluta masculina, absoluta feminina, veteranos masculina (de máis de 45
anos) e dobres.
O prezo de inscrición é de 5 euros. As persoas interesadas poden comunicalo no correo electrónico asminoteiras@gmail.com ou no teléfono 651 345 666 (Uxío).
Colaboran no desenvolvemento da proba o Concello de Ribeira e as entidades Congalsa, Nuxak, Serdeco, Anspal e Restaurante D’Vicio.




