As audiencias xulgarona dúas persoas á semana por delitos sexuais en Galicia no 2022

08 Xuño 2023

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presentou hoxe a Memoria da Actividade Xudicial dos Tribunais e Xulgados de Galicia de 2022, a cal reflicte que, de media, sentaron no banco dos acusados das audiencias provinciais -órganos que xulgan os casos de maior gravidade- case dúas persoas á semana para responder por delitos de abusos ou agresións sexuais. O 65,6 % das 93 denunciantes, segundo a estatística, eran menores de idade e, na maioría dos casos -nun 89,2 %-, tiñan unha relación previa cos acusados, os cales case sempre formaban parte do seu círculo familiar. Das 86 persoas axuizadas o ano pasado nas Audiencias Provinciais de Galicia por delitos contra a liberdade sexual, 63 foron condenadas, é dicir, o 73,2 %.

Díaz-Castroverde mostrou a súa preocupación por estes datos e chamou a “afrontar o problema desde todos os ámbitos” para “conseguir unha transformación social real que acabe coa violencia sexual e a violencia de xénero”, pois advertiu que “non é algo ocasional ou illado, senón o resultado do arraigamento dun machismo cultural e estrutural de moitos anos”. Así, salientou que cando os procedementos chegan ao ámbito xudicial o dano irreparable ás vítimas xa está inflixido, polo que incidiu en que a sociedade non se pode conformar “con que a única solución sexa a resposta xudicial”.

“Nada do que podamos facer vai devolver á vítima ao momento anterior á agresión, pero si podemos acompañala no proceso xudicial. Por iso, é necesario ser moi sensible nestas situacións e actuar de tal maneira que, garantindo os dereitos de todas as partes, minimicemos a dor das vítimas”, sinalou. O presidente do TSXG tamén manifestou que, aínda que as medidas punitivas son “necesarias”, a sociedade debe aspirar “a que estes feitos non se produzan”, á vez que avogou pola educación como base da transformación social.

Durante a súa intervención, informou de que as denuncias por violencia machista aumentaron o ano pasado en Galicia un 12,3 % respecto a 2021. “Parece que non está a ser suficiente o esforzo que facemos neste campo. Díxeno moitas veces: necesitamos unha reconsideración social da situación para evitar, dunha parte, esa tremenda porcentaxe da nosa mocidade, próximo ao 20 %, que nega a existencia de violencia de xénero; e, doutra parte, que condutas claras de malos tratos, sobre todo emocional, sexan asumidas como normais por algunhas das mulleres que as sofren a diario”, destacou.

O presidente tamén advertiu que a protección das persoas máis vulnerables esixe “rapidez na tramitación dos procedementos”, algo que require que o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) axilice a expedición dos informes que lle solicitan os órganos xudiciais. Por iso, demandou á Xunta que “afronte con rigor o aumento do seu persoal”.

Actividade de 2022

Os xulgados e tribunais galegos rexistraron en 2022 un total de 333.085 novos asuntos, o que supuxo un incremento do 2,9 % con respecto a 2021, e resolveron 320.744 casos (1.205 de media por órgano xudicial), unhas cifras que Díaz-Castroverde considerou “moi aceptables”. Na presentación, o presidente do alto tribunal galego realizou un balance da actual situación da Xustiza en España, a cal considerou “preocupante” debido á “persistente anomalía constitucional que supón a non renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial”.

“Certo é que a independencia, e con ela a garantía do Estado de Dereito, está mantida pola actuación persoal de xuíces e xuízas, pero iso non debe facernos esquecer que o funcionamento normal do órgano chamado a impoñela é algo non só desexable, senón imprescindible no contexto constitucional actual”, aseverou, á vez que advertiu que ”as circunstancias do pasado”, como a folga do persoal funcionario de 2018, as consecuencias da pandemia ou a recente folga dos letrados/as da Administración de Xustiza, “non poden servir como escusa, senón que son elementos que deben condicionar a nosa actuación para planificar o futuro”. Para levar a cabo esa mellora do sistema xudicial, Díaz-Castroverde afirmou que é “imprescindible” a plena implantación do expediente dixital.

En canto á creación de novas unidades, destacou a posta en marcha, en 2022, de tres xulgados de primeira instancia na Coruña, Lugo e Vigo. “Trátase só dunha parte dos que solicitamos, debendo chamar a atención en que, a un ritmo de creación de tres unidades xudiciais por ano, en Galicia non conseguiremos alcanzar, nin sequera a medio prazo, o número de xulgados necesarios”, remarcou.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...