A parroquia ribeirense de Artes celebrou por adiantado a sadiñada de San Xoán, ducias de persoas non se quixeron perder esta cita gastronómica na que se despacharon 1.300 quilos deste peixe.
Ademais tamén houbo 600 quilos de churrasco, 14 ou 16 caixas de xurelo, pan de millo e trigo e viño.
Ademais, para amenizar a enchente contouse co acompañamento musical do grupo de gaitas Os Liantes e da formación musical Area, que coa súa actuación puxeron o broche a catro días de festexos que xa se iniciaron o domingo pasado coa festividade do Corpus. Este venres retomáronse as celebracións na parroquia ribeirense, que dedicou esa xornada para honrar a San Antonio, polo que houbo unha misa solemne e procesión. Os máis pequenos puideron divertirse nunha festa de inchables e xogos, e a verbena correu a cargo do grupo Reflexos e de Planet Disco Móbil.
O sábado as festas foron en honra da Virxe do Carmen, e volveuse a repetir practicamente o mesmo programa de actos, pero nesta ocasión os encargados de poñer a música pola noite foron a orquestra Platinum e outra vez o picadiscos Planet Disco Móbil.




