Tanxugueiras nomeadas en sete categorías dos XV Premios MIN da Música Independente que se entregan este 17 de maio

14 Maio 2023

Tanxugeiras, grupo integrado pola aguiñense Aída Tarrío e as irmás Sabela e Olaia Maneiro, son o grupo con máis nomeamentos nos XV Premios da Música Independente (MIN), que organiza a Unión Fonográfica Independente, cun total de sete candidaturas noutros tantos dos 21 galardóns. A cerimonia de entrega dos premios terá lugar este 17 de maio no Auditorium de Palma de Mallorca.

Catro das cantidaturas son para o disco “Diluvio” nas categorías “The Orchard” ao Álbum do ano, “Álbum Música de Raíz”, “Álbum Gallego” e “SAE Spain” á Mellor Produción musical -de Iago Pico e Tanxugueiras-, así como a “Mellor Letra Orixinal” pola canción “Pano Corado”, o “Sympathy for de Lawyer” ao Mellor Videoclip por “Averno”, o “Ticketmaster” ao Mellor Directo pola “Xira Midas”.

Moi preto, con seis nomeamentos, posiciónanse Os Estanques e Anni B Sweet, grupo co que Tanxugueiras competirá nas categorías ao mellor álbum do ano, mellor directo e produción musical; a cantante Zahara, con cinco candidaturas, e coa que rivalizarán polos galardóns ao mellor directo e á mellor letra orixinal. Con catro oportunidades de levar o premio figuran Vicente Navarro, e as Ginegras, mentres que Rigoberta Bandini, Alice Wonder ou As Faragullas optan a tres premios cada un.

Os Premios MIN están amparados pola Unión Fonográfica Independente coa intención de levar e compartir a diversidade da música independente por todos os lugares de España.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.