“Porto de Celeiro avanza na percura dunha frota máis sostible”. Antón Luaces

31 Maio 2023

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación concedeu hoxe -a través do convenio que ten asinado coa Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA)- un aval  á sociedade anónima Porto de Celeiro que lle vai permitir pór en marcha o seu novo  modelo de negocio co que pretende acadar unha frota máis sostible e dar máis valor aos seus produtos.

É este un paso avante na modernización do sector pesqueiro e acuícola a través do financiamento  da actividade dos seus operadores.

Porto de Celeiro é un dos principais produtores españois de pescada do Atlántico Norte. A súa frota concentra o 37% da capacidade pesqueira española desta especie, de se sumar as capturas realizadas en augas comunitarias non españolas e as do caladoiro nacional Cantábrico e Noroeste.

O reafianzamento dos avais permitirá a Porto de Celeiro poñer en marcha o seu novo modelo de negocio e organización integral que ten como obxectivo a sustentabildade da frota e a valoración do produto en cada unha das actividades da cadea de valor, o que vai repercutir a medio prazo  no prezo do produto en orixe. a  rendibilidade dos socios e o seu  crecemento.

Medidas deste calibre deberan tomarse asimesmo en portos galegos como os de Ribeira, Burela, Cangas -entre outros- precisados como están desa rendibilidade que permite medrar positivamente de xeito que tamén medre o lugar do seu asentamento.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.