Pesar en Ribeira pola morte de Tomás Colomer Busoms

23 Maio 2023

Ós 55 anos faleceu Tomás Colomer Busoms, veciño de Ribeira, por mor dun cancro. O barbancés era unha boa persoa moi querida e con moitos amigos e membro dunha das familias máis estimadas e coñecidas da Cidade.

De novo marchou a Barcelona para estudar escaparatismo. Traballou en diversas empresas que os levaron a decorar un bo número de locais de Inditex en diferentes puntos do mundo, desde Emiratos Árabes ata Miami, pasando por cidades como Londres. Os seus primeiros pasos deunos no mundo da publicidade, realizando atrezos e funcións de axudante de decorados para diversas produtoras.

Da Cidade Condal pasou a Madrid, onde traballou para firmas como Caramelo e Springfield. Despois regresou a Ribeira, onde rexentou durante varios anos o bar Balado na praza de Vigo.

Dorneiro de pro Tomás era unha persoa alegre, amigo dous seus amigos e amante dá súa familia, como o definen os seus achegados.

Os seus restos mortais están no Tanatorio Crematorio do Barbanza- Xarás e serán incinerados este mércores ás 11 da mañá nun acto familiar. O funeral terá lugar tamén este mércores ás 20.30 na Igrexa Parroquial de Santa Uxía de Ribeira. D.E.P.

Outros artigos

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión