O domingo 28 celébrase no Araño a III edición da Romaría do Bandullo

20 Maio 2023

O vindeiro domingo 28 de maio, terá lugar no Araño (Rianxo) a III edición da Romaría do Bandullo, desta volta adicada ao polbo e ao churrasco, da man de Pulpería Mera.

Como novidade, nesta edición non será preciso facer reserva previa. Antes do xantar, as persoas asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú amenizada polo grupo The Cuncas, o cal voltará actuar ás 17.30 horas.

Outras actividades das que se poderá desfrutar son os xa clásicos xogos populares, bingo e karaoke. “Todo isto”, lembran dende a organización, “no incomparable marco da Carballeira onde tamén estará situado un mercado de artesanía”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.