O contexto histórico-médico da vida e a obra do poeta Francisco Añón centra a derradeira xornada sociosanitaria de Outes (o día 25)

13 Maio 2023

O concello de Outes vai acoller o vindeiro 25 de maio (xoves, quinta feira) no Centro Social unha nova edición das Xornadas Sociosanitarias (convocatoria XVII) que organizan José Dios Diz, médico local de Atención Primaria e o Centro de Saúde, o Concello, a asociación ADISBISMUR, e a USC, entre outras entidades.

Desta volta a sesión porá o foco na figura do poeta local Francisco Añón, e a influencia que tiveron as doenzas do seu tempo e a medicina na súa vida e, por suposto, súa obra. A charla será impartida por Ramón Blanco Fernández, licenciado en Filoloxía Galega e mestrado en Estudos Medievais Europeos. A cita será como dixemos o 25 de maio ás 18.30 horas no Centro Social de Outes. As persoas interesadas en acudir deberán contactar co número 981 850 575.

Ao final do acto, o alcalde de Outes Manuel González procederá a clausurar esta edición das Xornadas Sociosanitarias.

Ademais, como vén sendo costume, o relator será agasallado con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...