O Conservatorio de Música Enrique Paisal de Ribeira afronta o tramo final do curso 2022-2023. Así, tras finalizar a semana pasada a actividade lectiva, profesorado e alumnado continuarán ata finais de xuño con clases para preparar recitais de fin de grao profesional, probas de acceso, probas extraordinarias, adiantar materia do vindeiro curso, etc…
Por outro lado, e para rematar este 22/23, tamén se celebrarán cursos de formación (frauta, e aula galega de saxofón), audicións do alumnado, concertos, etc…
- Así, este luns 15 e martes 16 haberá recitais de fin do grao profesional de varios alumnos e alumnas.
- Primeiro Curso de Frauta: terá lugar o martes 16 e mércores 17 coa profesora invitada Patricia González Moreira.
- O xoves 18 de maio será a sesión de avaliación e as cualificacións da convocatoria ordinaria serán publicadas na plataforma CentrosNet ás 20:00 horas.
- Tamén o xoves 18 de maio, abrirase o prazo de matrícula para a proba de acceso ao 1º curso do grao elemental e ao 1º curso do grao profesional. O prazo rematará o venres 26 de maio.
- Encontro Final da Aula Galega de Saxofón. Venres 19 e sábado 20 terá lugar o último encontro deste curso 22/23 da Aula Galega de Saxofón. Haberá concertos ámbolos dous días a cargo do alumnado nos tamén participará o profesorado que neste encontro serán, o profesor titular Xabier Casal e o pianista Brais González.