O Conservatorio de Pontevedra Mauyeusis ofrece un concerto na Casa da Xuventude de Ribeira

O alumnado do Conservatorio Mauyeusis Pontevedra ofrecerá un concerto o venres 26 de maio na Casa da Xuventude de Ribeira.

Por mor das obras que se están a realizar no Conservatorio de Música Enrique Paisal, o recital non se realizará no salón de actos desta escola.

A iniciativa forma parte dun intercambio que os conservatorios ribeirense e pontevedrés están a levar a cabo. De feito, os alumnos do Enrique Paisal viaxaron a Pontevedra o pasado 18 de abril para ofrecer un concerto. O recital terá lugar ás 18.30 horas.