O alcalde e candidato á alcaldía, José Ramón Romero, Martiño, visitou esta mañá o Maio Vintage Market que se celebra cada primavera en Boiro acompañado das deputadas no Parlamento de Galicia, Patricia Otero e Begoña Rumbo, xunto con outros membros da súa candidatura para as eleccións de maio de 2023.
O Maio Vintage Market é unha das xornadas culturais e comerciais máis importantes da primavera no municipio e tamén un importante festexo que pon o foco nunha tradición como a dos maios. “Durante o día pasan máis de 3.000 persoas pola rúa peonil, o que supón unha importante dinamización para o
noso comercio e a nosa hostalería”, afirmou Martiño.
Manuel Reiriz deixará de ser presidente do Centro Recreativo de Artes tras 40 anos
Manuel Reiriz anunciou esta fin de semana a súa saída da presidencia do Centro Recreativo de Artes, poñendo fin a catro décadas de liderado ininterrupta na institución. A decisión marca o término dun ciclo que ficou marcado pola súa dedicación, traballo árduo e...