
O Concello de Ribeira informa do comezo dos traballos destinados á instalación de dúas
marquesinas singulares no entorno da avenida do Malecón de Ribeira. Concretamente, os operarios comezaron coa colocación dunha delas á altura da rúa Rosalía de Castro en tanto que a outra
estará no Paseo do Touro xunto á residencia do maior..
A empresa encargada do subministro e colocación das estruturas é Proxectos e Instalación de Material Urbano, S.L. A actuación supón un investimento de 25.410 euros, IVE incluído.