Detidas dúas persoas en Ribeira por roubar nunha vivenda

Axentes da Comisaría de Ribeira detiveron a dous individuos tras ser sorprendidos de madrugada, cando se marchaban dunha vivenda á que accederan tras forzar a porta de entrada. Os ladróns saíron da casa portando todos os obxectos subtraídos, entre os que se atopaban 14 reloxos, tres televisores, unha bicicleta, comestibles e bebidas, entre outros.

Ao decatarse de que foran sorprendidos os cacos déronse á fuga á carreira e, tras unha breve persecución, foron alcanzados polos axentes, quenes procedeu á súa detención como presuntos autores dun roubo con forza en vivenda. Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira.

Os obxectos subtraídos foron recuperados e devoltos aos seus propietarios

P.N