Convocadas axudas para proxectos na área de influencia das Illas Atlánticas por preto de 150.000 euros

09 Maio 2023

O Diario Oficial de Galicia publica este martes 9 de maio a convocatoria de axudas para proxectos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia para o ano 2023 por preto de 150.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir deste mércores, 10 de maio, e as axudas, que se concederán por concorrencia competitiva, serán dun máximo de 8.000 euros, podendo cubrir o 100% do investimento subvencionable.

Durante a presentación do libro Illas á vista, que tivo lugar no Centro de visitantes do parque, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, detallou que poderán beneficiarse destas axudas os concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo; persoas empadroadas ou titulares dunha concesión na área influencia do parque; institucións sen fin de lucro, e entidades de dereito público cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento de recursos naturais renovables na área.

Son accións subvencionábeis as iniciativas de conservación ou restauración do patrimonio da zona; a eliminación de impactos sobre os valores naturais ou culturais do parque, actuacións dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais da zona, a posta en marcha de actividades económicas relacionadas con este espazo protexido e accións orientadas á divulgación e formación nos valores deste espazo natural.

Precisamente o libro infantil Illas á vista, cuxa autora é Rena Ortega e na que estivo presente alumnado do Colexio Plurilingüe Niño Jesús de Praga, beneficiouse dunha axuda desta liña de financiamento na convocatoria anterior ao abeiro do obxectivo de promover os valores ambientais do parque nacional. De feito, segundo subliñou a conselleira, esta publicación permite dar a coñecer entre a cativada “a flora, a fauna, como pasar un día no Parque, como ir ataviados, que facer e non facer”.

A conselleira, que tamén asistiu, xunto con alumnos do CEIP García Barbón, ao contacontos Perigo no fondo do mar, puxo en valor estas actividades educativas, que xunto con outras iniciativas como concursos ou visitas guiadas, promoven a sensibilización do público infantil a través do coñecemento dos valores do parque co obxectivo de que leve a cabo un labor de divulgación da riqueza natural e patrimonial deste espazo protexido entre as persoas do seu entorno.

Aguiño con Sálvora ao fondo

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.