A Área Sanitaria Santigo- Barbanza súmase á campaña da OMS sobre a importancia da hixiene de mans na prevención das infeccións

05 Maio 2023

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza celebra hoxe o “Día Mundial da Hixiene de Mans”, este ano co lema “Aceleramos a acción entre tod@s” que se propón dende o Ministerio de Sanidade facéndose eco das recomendacións da OMS.
A hixiene de mans continúa sendo a medida principal para previr as infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria (IRAS) e a proliferación de resistencias antimicrobianas.
Para poñer en valor a importancia desta técnica os centros da área acollen múltiples actividades. Así, ao longo da mañá, instaláronse mesas informativas para a promoción da hixiene de mans e o correcto procedemento para o lavado na entrada principal do Hospital Clínico, do Hospital de Conxo e no Hospital da Barbanza e nalgúns centros de saúde, dirixidas a informar a toda a poboación que se achegue ata estes centros. Neses puntos ofréceselle ás persoas que o desexen, por parte do persoal das mesas, a posibilidade de cotexar o resultado da súa práctica de Hixiene de Mans mediante unha lámpada UVA de
demostración, comparando o antes e o despois do lavado. Tamén dispoñen de folletos, petacas de solución alcohólica e outros artigos de promoción da Hixiene de Mans.

Ao longo da xornada proxéctanse vídeos relacionados en diferentes pantallas dos hospitais da área, salas de espera de pacientes e hospitais de día. Asemade estanse realizando sesións exprés duns dez minutos de duración no lugar de traballo sobre lavado de mans e uso de luvas nas unidades de hospitalización.
Tamén se organizaron actividades para aos máis cativos, actividades lúdicas e musicais relacionadas co día na aula Hospitalaria e escolas infantís de fillos de traballadores, coordinadas pola Subdirección de Humanización e a colaboración dos profesionais.

A xerente da área, Eloína Núñez, a directora de enfermaría, Victoria Carral, a subdirectora de calidade, Beatriz Pais, a subdirectora de humanización, María José Menor, e a xefa do servizo de Medicina Preventiva, Cristina Fernández, vistaron a mesa informativa do Clínico organizada pola supervisora de calidade, Sandra Sixto, e Alejandro Mosteiro, supervisor de Medicina Preventiva.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.