A AMEGA, Dinahosting, PuntoGal ,O Barbanza e Código Cero unen esforzos polo Día das Letras Galegas e da Internet

04 Maio 2023

No mes da conmemoración do Día das Letras Galegas e do Día da Internet, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), a provedora de servizos Dinahosting e PuntoGal unen esforzos para apoiar o uso da lingua na Rede a través da iniciativa Subscríbete ao galego.
Entre o 17 e o 31 de maio, as persoas que se fagan subscritoras dalgún dos medios en galego participantes na campaña recibirán totalmente de balde un dominio .gal e o aloxamento para a súa web en Dinahosting durante un ano, agasallo valorado en máis de 170 euros.
Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter até o 30 de xuño a súa hospedaxe web e dominio de balde, o que Pablo García, presidente da AMEGA, considera que é «unha oportunidade para unir forzas e mostrar a utilidade da nosa lingua na Rede».

O porqué de Subscríbete ao galego

Un dominio .GAL e un hosting web de balde permitiranlles ás persoas beneficiarias gozar dunha conta de correo profesional co seu propio nome de dominio, ou iniciar o seu proxecto web sen necesidade de facer ningún investimento inicial. É un xeito de impulsar a comunidade de creación de contido en galego e de fomentar a normalización do idioma en todos os ámbitos.
Ao mesmo tempo, esta campaña supón un reforzo para cada un dos medios que participan, pois aportarlle valor engadido ás persoas que queiran subscribirse é a mellor forma de seguir gañando base social e de que os medios galegos gañen peso.
Os medios con subscrición que participan nesta campaña son a nosa web de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia Código Cero, Nós Diario, Tempos Novos, Praza.gal, Luzes, Revista Mazarelos, Nós TV, A Trabe de Ouro e Radiofusion.
Tamén apoian a campaña os seguintes medios (que non teñen subscrición), GCiencia, Galicia Confidencial, Que pasa na costa, Revista Pincha, Radio Estrada, Lindeiros, Novas do Eixo Atlántico, Xornal da Coruña e a nosa web O Barbanza.

FORMULARIO DE SUBSCRICIÓN AO BOLETÍN DE CÓDIGO CERO

Os usuarios que se subscriban entre o 17 e o 31 de maio poderán gozar de balde dun ano de hospedaxe web con Dinahosting e dun dominio .gal

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.