Xa se pode solicitar o voto por correo para as eleccións autonómicas e municipais do 28 de maio de 2023

04 Abril 2023

Correos informou de que xa é posíbel solicitar o voto por correo para as eleccións autonómicas e municipais que se celebrarán o domingo, 28 de maio de 2023, de acordo coa convocatoria publicada na data deste martes 4 de abril. Desta maneira, as persoas electoras que decidan votar por correo poden solicitar ata o día 18 de maio (inclusive) o certificado da súa inscrición no censo electoral correspondente. A obtención deste certificado é requisito imprescindíbel para poder emitir o voto por correspondencia e pode solicitarse, por vía telemática a través da web www.correos.es ou presencialmente en calquera oficina de Correos de España.

Solicitude de voto por correo telemática

Os electores poden solicitar o seu voto a través da web de Correos sen ter que acudir en persoa a unha oficina postal. Neste modelo de solicitude, que evita desprazamentos, o interesado debe acreditar a súa personalidade mediante sinatura electrónica e aceptándose como sistemas de identificación válidos os certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria e o DNI electrónico (DNI-e).

Solicitude de voto en oficinas

A solicitude de voto por correo pode realizarse en todas as oficinas de Correos de España. Esta petición debe ser realizada persoalmente por cada elector, salvo en caso de enfermidade ou discapacidade (acreditada mediante certificación médica oficial) que lle impida a formulación persoal da devandita petición. Neste caso pode ser presentada en nome do elector por outra persoa autorizada notarialmente ou consularmente.

No momento de formular a solicitude, os interesados deben acreditar a súa personalidade presentando ante o empregado da oficina postal o DNI, Pasaporte ou carné de conducir orixinais.

Co obxectivo de axilizar os trámites e evitar esperas, a compañía ofrece a opción de cita previa para a solicitude do voto en oficinas, a través da aplicación móbil de Correo, a súa web ou a Oficina Virtual. Para iso o elector debe seleccionar a oficina dispoñíbel que teña cita previa e, por último, elixir o día e a hora que máis lle conveña.

Correos entregará as solicitudes recibidas nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral, quen enviará aos solicitantes, a partir do 8 de maio, a documentación necesaria para que poidan exercer o voto por correo.

O prazo de depósito do voto por correo finalizará o 24 de maio de 2023.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.