Tonhito de Poi presenta este venres na Sala Moon (Santiago) o novo vídeo-clip do seu proxecto Poi

10 Abril 2023

Tonhito de Poi vai presentar este venres 14 en Santiago, na Sala Moon Music Club, o seu novo vídeo-clip, Delirando, pertencente ao novo traballo do seu proxecto persoal, Poi, o EP Sicodelia, logo da súa frutífera andaina cos Heredeiros da Crus. A apertura de portas será ás 20.30 h e a entrada gratuíta.

Tonhito de Poi

Natural desa máxica fronteira de mestizaxe entre Martín e Castiñeiras (Ribeira) chamada Poi, Tonhito de Poi ten máis de 30 anos de experiencia enriba dos escenarios, comezando a súa carreira artística cos Heredeiros da Crus, que compaxinará cunha andaina experimental en solitario inspirado polas súas viaxes na selva amazónica. Fóra da música, Tonhito adicouse tamén a outros ámbitos do audiovisual traballando na radio, a televisión e o cinema.

Na súa nova andadura vén acompañado do músico e produtor Míster Vieito, a técnica de son e produtora musical Morqui, eo baixista e contrabaixista Pachi Cruz.

Poi é unha banda fundada por Tonhito e Morqui a raíz da gravación do disco In-Dios, unha homenaxe ao indio que cada un de nós leva dentro. Ao proxecto uníronse Pachi Cruz e Diego Vieito, bautizando o estilo desta nova criatura da música galega como “Poi Floyd”, un encontro entre o sonoridade de Poi e a sinfonía que rock, a música electrónica e a música chamánica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.