Pesar en Ribeira pola morte de José Paz Cadabal expresidente da asociación de empresarios

04 Abril 2023

José Paz Cadabal, expresidente da Asociación Ribeirense de Empresarios e fundador da compañía Joypa, faleceu aos 72 anos de idade. Natural de Frións, foi unha figura clave no desenvolvemento do tecido comercial da capital barbancesa e de toda a comarca, sendo un dos principais valedores da ampliación do polígono de Xarás.

Deixa coa súa marcha un profundo legado no sector comercial ribeirense, aínda que antes de dedicarse en corpo e alma aos negocios tivo tempo para explotar outra das súas grandes paixóns: o mar. Paz Cadabal exerceu durante 23 anos como mariño mercante antes de asentarse definitivamente en Ribeira.

Foi no 1996 cando se lanzou á aventura empresarial, fundando a compañía de extintores Joypa —nome que xurdiu da unión da primeira sílaba do seu nome e o da súa muller—. No ano 2004 Paz Cadabal reafirmou o seu compromiso con Ribeira e os seus comercios da man da Asociación Ribeirense de Empresarios.

Os restos mortais de José Paz Cadabal están a ser velados no tanatorio das Dores. Este mércores ás sete e cuarto da tarde terá lugar a salidad do recinto en dirección ao cemiterio municipal de Ribeira, e posteriormente as oito e media oficiarase o seu funeral.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.