O subministro de auga na Serra volveu á normalidade

11 Abril 2023

O Concello de Outes informou este luns 10 de abril do restablecemento do servizo de auga logo da ruptura que se produciu nas xornadas anteriores na avenida de Fisterra. Dende o Consistorio engaden que “nos vindeiros días continuarán os labores de reparación” e, ademais, “farase unha avaliación global das avarías e problemas producidos estes días pasados”.

A avaría, como lembraremos, afectou ás vivendas situadas na avenida de Fisterra e a outras zonas da Serra de Arriba.

Sinalar que esta non foi a única incidencia relacionada co subministro de auga no concello e que na recta final da Semana Santa foi rexistrada unha avaría previa na Serra de Arriba, cuxo arranxo resultou de tal complexidade que se fixo preciso acometer unha solución provisional e precaria que garantise un servizo mínimo. O sábado foi restablecido finalmente o servizo na Serra de Arriba.

Previamente tamén se rexistraron problemas de subministro en Mosteiro e Vilariño.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...