O vindeiro sábado 22 de abril a partir das 21 horas o profesorado da Aula Galega de Saxofón ofrecerá un concerto no Centro Social de Oleiros.
Actuarán o santiagués afincado en Mallorca (no Conservatorio Superior de Música das Illas Baleares) Xabier Casal e Carlos Ordóñez, membro da Banda de Musica da Guardia Real.
A entrada é libre e gratuíta.




