O núcleo da Serra mellorará as súas conexións co paseo fluvial do río Tins

04 Abril 2023

Estes luns 3 de abril presentouse un avance do plan de integración urbana do río Tins aos seu paso pola Serra de Outes. Trátase de tres proxectos xa redactados e outro máis en proceso que se integran no Plan de Reordenación de Espazos e Integración Ambiental do Río Tins, que elabora a Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña, no marco da iniciativa Renatur-Outes. Este plan de integración inclúe, entre outros, os seguintes puntos:

-Humanización da praza do Concello e mellora da súa conexión co paseo fluvial.

-Bancada para a conexión do paseo fluvial e a Horta do Muíño coa trama urbana da Serra de Outes.

-Nova pasarela sobre o río Tins para conexión da praza do Concello coa rúa Tins.

-Recuperación da área degradada situada detrás da nave de Frutas Pauma.

Aquí podemos ver o vídeo que mostra como se materializarán estes proxectos.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...