O Consello Escolar Municipal de Boiro pon o foco nas problemáticas do transporte escolar e as demandas de cursos de FP

27 Abril 2023

O Concello de Boiro celebrou este mércores unha nova sesión do Consello Escolar Municipal co obxectivo de avaliar propostas e analizar as demandas e necesidades do curso. A sesión estivo presidida pola
concelleira de Educación, María Outeiral; e contou coa representante de inspección educativa, Verónica Martínez Delgado; así como a presenta de representantes do centros, do alumnado e outras entidades que forman parte.
O Consello Escolar Municipal fixo especial fincapé nos problemas do trasporte escolar que se suceden dende o inicio de curso. “Existe unha zonificación aprobada pola Consellería de Educación e Mobilidade denega paradas de transporte deixando a rapaces e rapazas sen o servizo”, afirmaron. No IES Praia Barraña aumentan os casos de rapaces e rapazas matriculadas en bacharelato que non teñen dereito ao transporte escolar e non teñen medios para desprazarse ata o centro educativo. “O Concello tívose que facer cargo do transporte de nenos e nenas da ensinanza obrigatoria”.
Outro dos temas que se trataron no Consello Escolar Municipal foi a solicitude de ciclos de FP. “Levamos a Educación a proposta de ciclos formativos acordes cos principais sectores produtivos da comarca, como son a acuicultura e a hostalaría, sen ter ningunha resposta ao respecto”.

No caso do ciclo formativo en hostalaría, o Concello de Boiro puxo a disposición da Xunta de Galicia as instalacións coas que conta no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e, para solicita a formación en acuicultura, contouse coas demandas e apreciacións do sector bateeiro, que acreditaron a necesidade dunha formación regrada na zona.
Na sesión valorouse moi positivamente o desenvolvemento do proxecto En(clave) que se levou a cabo durante este curso nos distintos centros educativos e tratáronse propostas para levar a cabo durante o
próximo curso. Os centros educativos trasladaron a necesidade de, para o vindeiro curso, incidir nas dúas problemáticas máis demandadas polos docentes e que son a saúde mental e a saúde sexual.
O Consello Escolar Municipal do Concello de Boiro reúnese de xeito periódico durante o curso escolar para detectar e dar solución aos problemas e necesidades xurdidos no ámbito educativo. Este órgano, no
que está representada toda a comunidade educativa do municipio, está en condición de ofrecer unhas perspectivas de interese xeral que axuden a clarificar e resolver aquelas problemáticas detectadas no eido escolar.

Outros artigos

Este sábado en Ribeira contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas

Este sábado 9 de novembro ás 12.00 h temos contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas Inacio Vilariño trae a Ribeira os contos máis incribles e os cantares máis sonoros co seu espectáculo “Burromaquia”. Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indignación en la zona cero”. José Castro López

“Indignación en la zona cero”. José Castro López

Unos años después de que los filósofos griegos Tales de Mileto, Anaxímenes,yHeráclito buscaran la esencia del universo o el principio fundamental de todas las cosas,Empédocles de Agrigento recogió sus pensamientos y concluyó que “la tierra, el aire, elfuego y el agua”...