Feiraco lanza nas redes o movemento Falarei! para promover o uso do galego co gallo do Día das Letras Galegas

21 Abril 2023

Achégase o Día das Letras Galegas, 17 de maio, e a empresa láctea galega Feiraco (integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, con sede no concello coruñés de Ames), acaba de poñer en marcha unha campaña para render homenaxe ao escritor de Lourenzá Francisco Fernández del Riego, elixido este ano para festexar esta data. A dita proposta de Feiraco quer axudar a cumprir o desexo do autor galego: “Soño unha Galicia ideal que no meu tempo non se realizou, pero pode realizarse no futuro”, declaración de Francisco Fernández en alusión á falta de uso do galego. Perante esta situación, Feiraco con vontade de solucionar este problema, idea unha vaca que chega do futuro cunha mensaxe e unha misión para todas e todos nós. E así o comunica nas caixas de leite enteiro, semidesnatado e desnatado coa ilustración dunha vaca con lentes que vén do futuro pero aínda sen desvelar a historia completa. Para saber máis, un código QR leva á páxina da iniciativa falarei.gal, que amosa só unha parte da historia, que se descubrirá na súa totalidade o 2 de maio. Será entón cando Feiraco divulgue un vídeo co desembarco desta vaca do futuro nun prado galego para lanzar a súa mensaxe de advertencia e unha solución para os galegos e galegas.

Nesta web aparecen agora titulares reais publicados nos medios de comunicación nos últimos anos, mesturados con outros ficticios que amosan o futuro que pode encarar o noso idioma de continuar as actuais tendencias decrecentes de uso.

A resposta para Feiraco está no seu movementoFalarei!, un movemento colectivo que propón esta campaña a través desta vaca, buscando o compromiso da sociedade co noso idioma, a través dun sinxelo e divertido xesto: poñer unhas lentes de sol (ou empregar o seu filtro exclusivo de Instagram) e subir un vídeo ás redes sociais dicindo: Eu falarei!.

Este movemento xa está a ter impacto nas redes sociais e cada vez son máis os galegos e as galegas que se suman ao mesmo lanzando un berro en defensa da lingua. Asemade, participar neste reto ten premio, xa que @s 300 primeir@s que se inscriban na web falarei.gal recibirán unhas lentes de sol Falarei! de balde.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.