Aumentan os casos activos de covid en Galicia ata situarse en 1.033

21 Abril 2023

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.033, deles 199 son da área da Coruña, 132 da de Lugo, 159 da de Ourense, 109 da de Pontevedra, 162 da área de Vigo, 187 da de Santiago– Barbanza e 85 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están na UCI, 135 en unidades de hospitalización e 892 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 693.301 persoas curadas, rexistrándose 4.125 falecementos.  

O último falecemento rexistrado por coronavirus foi:

Día 19 de abril:

Home de 90 anos, na área sanitaria de Pontevedra.

A persoa falecida tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 4.070.640.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.644.810.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias 

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.