A Pobra achega un obradoiro de conciliación no 2 de maio

21 Abril 2023

O vindeiro 2 de maio (día non lectivo), o Concello da Pobra do Caramiñal achega un obradoiro de conciliación dirixido a crianzas da Infantil e da Primaria.

A concelleira da Igualdade, Charo Varela, xunto coa axente da igualdade, Carolina Rodríguez, indicou que con esta nova iniciativa de lecer vacacional seguen a darse novos pasos para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar nos fogares do concello.

Como vén sendo habitual, este servizo desenvolverase no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 3 euros por nena/neno, pero aplicaráselle un desconto do 50% á segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a.

A maiores, ofrécese a opción dos servizos de Madruga e Comedor, dos cales cómpre consultar as condicións.

As inscricións débense efectuar antes do día 28 de abril no Departamento da Igualdade, situado fronte á Casa Consistorial.

Tamén segue operativo o Espazo de Coidados Corresponsables para conciliar polas tardes. Trátase dunha prestación municipal de balde ao abeiro do Plan Corresponsables promovido e financiado con fondos procedentes do Ministerio da Igualdade.

Máis información no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.