A asociación Vivir en Corrubedo programou para hoxe varios actos con que festexar a Pascua

06 Abril 2023

A asociación xuvenil Vivir en Corrubedo programou para a xornada deste xoves con motivo da celebración da Semana Santa unha xornada festiva a partir das cinco da tarde dentro do que se deu en chamar Pascua en Corrubedo. Ademais das misas solemnes que se oficiarán ás 17.00 e 21.00 horas no templo parroquial, na contorna da zona portuaria terán lugar desde as cinco dos tarde talleres infantís, inchables, unha chocolatada e un espectáculo de clown e maxia con “Aeiou”. E ás nove da noite está previsto que nun gran escenario empecen os concertos das bandas ribeirenses Os Bugis, que conmemorará o seu décimo aniversario, e Amores de barra. mentres que a partir da medianoite empezará a actuación de Chocolate Discomóvil con DJ Maikstyle. A entidade organizadora, que preside Abdón Santos, e que conta cun bo número de colaboradores, indicou que se coordinou coa igrexa parroquial para que non soe música algunha durante as celebracións litúrxicas que poida molestar.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.