A ANPA do CEIPP de Palmeira celebra esta primavera dúas citas literarias con Ana María García e Anxos Castro

13 Abril 2023

Dende a ANPA do CEIPP de Palmeira informaron da presentación, este mes de abril, do libro A Tiempo, de Ana María García López, ex-alumna do dito colexio. A presentación virá acompañada da doazón dun exemplar asinado pola escritora a través da Asociación de Pais e Nais do colexio e, ademais, a autora participará nun coloquio sobre a súa obra cun grupo de alumnos e alumnas do centro educativo que están a ler esta tempada o seu libro.

Será o vindeiro mércores 26 de abril ás 10h, na Biblioteca do Colexio de Palmeira, conmemorando así a proximidade do día do Libro neste ano 2023.

Pero ademais, durante o mes maio centro educativo recibirá a visita da poeta boirense Anxos Castro Parada, autora da nosa comarca. Esta actividade será posíbel grazas á xestión do Equipo da Biblioteca “A Cova de Agapito”. Concretamente será o mércores 10 de maio ás 10h. tamén na Biblioteca do Colexio.

Anxos Castro é responsábel do libro de poemas Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas, editado polo selo madrileño Diversidad Literaria. Trátase dunha escolma poética de 160 páxinas, en galego e en castelán, na que a autora recolle pezas escritas ao longo de toda a súa traxectoria vital, dende a nenez. Nesta colección vital, Anxos Castro defende a poesía como “a forma máis máxica de comunicación de cantas existen”, que, asegura, “permíteme expresar co que máis me gusta, coa pluma, plasmando sobre o papel todas as miñas emocións”. O libro, explicaba nunha entrevista recente con La Voz, “contén toda a miña traxectoria literaria, desde que tiña 13 anos ata a actualidade, pois sempre fun gardando os poemas que xurdían de todo aquilo que me inspiraba ou me emocionaba”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.