O pleno de Ribeira botou para atrás a adquisión dunha parcela o chamado banco malo, Sareb, co fin de poñela ao dispor da Consellería de Sanidade e construír nela o novo centro de saúde.
Na sesión presentouse o inicio do expediente para a súa adquisición, tal como rexedor anunciara fai aproximadamente un mes, pero o alcalde Manuel Ruiz atopouse co rexeitamento do resto dos grupos. O rexedor dixo que «Están a asinar a defunción do centro de saúde», para asegurar que este martes o Concello retiraría a oferta.
A proposta feita polo goberno local era mercar un terreo situado en Coveliño a carón da escola infantil para cederllo ao Sergas co obxectivo de emprazar o novo centro de saúde de Ribeira. A oposición botou en contra alegando que é necesaria unha mellor ubicación e que o centro de saúde debería ter unha localización céntrica, accesible e ser consensuada na Mesa de Mobilidade.




