Os beneficios da nosa dieta atlántica centraron unha nova cita divulgativa das Xornadas Sociosanitarias de Outes

31 Marzo 2023

Este xoves 30 de marzo celebrouse unha nova actividade divulgativa das encadradas na XVII edición das Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes. Desenvolveuse baixo o epígrafe Dende Outes: Dieta Atlántica e, como se indica no seu lema, botou luz sobre os beneficios para a saúde da nosa alimentación tradicional, moi baseada no consumo de peixe e marisco e en produtos vexetais como cereais, patacas, legumes e hortalizas cultivadas na nosa terra, aos que se engaden os produtos lácteos en calquera das súas manifestacións, e carne en cantidades moderadas.

A conferencia foi impartida por Flor Dios Villameá, licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, e mestrada (master) en Medicina Naturista e Terapeuta Corporal. A conferencia desenvolveuse no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 50 persoas.

A coordinación correu a cargo do doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, o relatores foron agasallados con unha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 27 de abril de 2023, baixo o título Cancros que veñen de fóra? O virus do papiloma e o camiño para comprendelos impartida polo profesor e doutor Jorge Mira Pérez, catedrático de electromagnetismo do departamento de Física Aplicada da USC, e vai ser na Casa da Cultura da Serra de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.