
O prestixioso arquitecto británico David Chipperfield, veciño de Corrubedo, quen sempre mostrou o seu especial agarimo por Galicia, alzouse este martes co Premio Pritzker 2023 – o ‘Premio Nobel’ da arquitectura – nun evento celebrado no LSE Marshall Building, Londres.
Licenciado en arquitectura pola Universidade Kingston e a Architectural Association School of Architecture de Londres, David Chipperfield asegurou estar “algo sorprendido” á vez que agradeceu todo o apoio recibido. “Comparto esta honra con todos os meus socios, colegas e colaboradores e, por suposto, coa miña familia, especialmente con Evelyn”. O xurado valorou “a súa reverencia pola historia e a cultura, mentres honra as contornas naturais e construídas preexistentes”.



