O Instituto Galego de Formación en Acuicultura acolle á vez tres tartarugas e un lobo mariño para a súa recuperación antes de volver ao seu medio natural

04 Marzo 2023

O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), dependente da Consellería do Mar, acolle desde hai uns días á tartaruga Coviña e ao león mariño Comba, que foron rescatados e recollidos semanas
atrás nas costas galegas. Estes dous exemplares súmanse ás tartarugas Nemiña –que chegou a finais do ano pasado– e Ferdylan –a medidos do mes de febreiro–, o que fai que sexa a primeira vez que se atopan tantos animais en fase de recuperación no centro dependente da Consellería do Mar.
No caso de Comba, trátase dunha femia cachorro de lobo mariño que apareceu na praia de Santa Comba en Ferrol o 12 de xaneiro. Tras ser recollida pola unidade móbil da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), foi ingresada na UCI que esta entidade ten en Nigrán xa que presentaba síntomas de desnutrición. Debido a que a súa evolución foi favorable, esta semana foi trasladada á piscina de auga mariña do Igafa para completar a súa segunda e última fase de recuperación.
Pola súa banda, Coviña, unha tartaruga común, quedou atrapada nas redes dun barco pesqueiro o 13 de xaneiro en Cabo Prior. Despois de pasar a revisión inicial por parte do equipo veterinario da Rede de Varamentos de Galicia, foi ingresada na UCI da Cemma onde se mantivo en observación ata constatarse que tamén podía ser trasladada ás instalacións do instituto na Illa de Arousa para finalizar a súa rehabilitación antes de ser devolta ao mar.

Os catro animais contan cun espazo individual para cada un no centro dependente da Consellería do Mar co fin de favorecer a súa progresión e contan coa participación voluntaria do alumnado e demais persoal do instituto no seu coidado. De feito, este tipo de estadías adoitan aproveitarse para formar aos estudantes en aspectos relacionados co coidado dos mamíferos mariños e o fomento da sensibilidade medioambiental.

Esta acción forma parte da colaboración que mantén a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda desde o ano 2013 coa Cemma para a recuperación dos mamíferos mariños e outras especies que chegan ás costas galegas en mal estado ou feridos. Desde o inicio desta colaboración, o Igafa ten participado na recuperación de seis tartarugas e 14 lobos mariños, incluíndo estes catro exemplares que permanecen agora nas súas instalacións antes de ser devoltos ao seu hábitat natural.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...