O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Outes organiza dúas charlas sobre autocoidado e autocoñecemento

31 Marzo 2023

Ao abeiro do programa de actividades divulgativas e formativas Muller e Saúde e a través do Centro de Información á Muller local (o CIM), o Concello de Outes vai organizar dúas novas accións sobre hábitos saudábeis este mes de abril.

As charlas, impartidas por Jessica Maneiro, matrona da Asociación Galega de Matronas (AGAM),  son as seguintes:

SOLO PELVIANO E AUTOCOIDADO
– Venres 14 de abril, de 16:30 a 18:30 horas
– Casa da Cultura de Outes
– Máximo 15 mulleres

AUTOCOÑECEMENTO E SEXUALIDADE
– Sábado 15 de abril, de 11:00 a 13:00 horas
– Casa de Cultura de Outes

Todas aquelas mulleres interesadas en participar, deben inscribirse no Centro de Información ás Mulleres (CIM). Teléfono 981 850 949 (Horario de 9:00 a 14:00 horas).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.