O BNG esixe a substitución dos médicos en Outes

28 Marzo 2023

O BNG de Outes lanzou unha comunicación na que debulla as necesidades do concello en materia de sanidade e atención. As declaracións do voceiro de SOS sanidade pública e doutor en Atención Primaria, Xosé Dios Diz, e o candidato á alcaldía do BNG, Anxo Núñez Fernández, que podemos visualizar en liña, poñen o foco no Centro de Saúde de Outes, que, segundo din, atópase nunha situación límite.

Núñez explica que “dende o BNG de Outes consideramos inaceptábel a situación actual na que os doutores que quedan teñen que atender arredor de 45 doentes ao día, o que dificulta moito a atención pausada e de calidade que require un servizo fundamental coma este. Non se pode admitir ter menos de 10 minutos para estudar un historial, diagnosticar e atender ao doente”.

E engaden: “O Partido Popular non pode repetir continuamente que defende os intereses do rural cando despois, a súa xestión nefasta, nos deixa sen os servizos máis básico. Dende o BNG témolo claro: apostamos por uns servizos públicos dignos e de calidade”.

E conclúen: “É por iso polo que demandamos á Xunta do Partido Popular a que cubran as baixas e doten o Centro de Saúde de Outes do persoal que necesita de maneira urxente”.

—

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.