Liberado de eucaliptos o paseo do Freixo a Broña (Outes)

16 Marzo 2023

Este mércores 15 de marzo o alcalde de Outes, Manuel González, e a tenente de alcalde Alba Quintela (concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente) estiveron visitando os traballos de xestión forestal que desenvolve o alumnado do Obradoiro de Emprego comarcal (impulsado por Outes, Lousame e Noia) no paseo do Freixo a Broña. A través das tarefas levadas a cabo polo Obradoiro estanse a retirar os gomos de eucalipto ao tempo que se realizan plantacións de bidueiros, castiñeiros e sobreiras.

O Obradoiro de Emprego Noia-Lousame-Outes forma a 20 alumnos destes concellos, durante 12 meses, na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...