Francisco Suárez-Puerta, candidato socialista á alcaldía de Ribeira cunha lista renovada

22 Marzo 2023

Francisco Suárez-Porta e desde este mércores o candidato socialista á alaldía de Ribeira. O anuncio físoxe oficial nun acto no que estivo acompañado por Bernardo Fernández, secretario provincial da formación socialista; Ana Alvite, que será a número dous na lista, e Alberto Suárez Pazos, número tres.

Suárez-Porta adiantou que espera ter pechado o equipo proximamente, adiantando que presentará unha «lista renovada case na súa totalidade, con xente de todas as idades», aínda que a tendencia será de persoas mozas.

En relación a esta cuestión, Bernardo Fernández matizou que se lle concedeu tempo para «facer a mellor lista posible, coas mellores persoas e máis comprometidas». O secretario provincial dos socialistas destacou o «proceso de renovación» realizado na agrupación ribeirense.

Francisco Suárez-Porta Colomer, de 35 anos, é o candidato do PSOE á Alcaldía de Ribeira. O seu nome estivo a soar entre posibles aspirantes -ningún dos outros chegou a concretarse- para encabezar a lista socialista, pero non foi ata o último momento en que, tras falar por extenso con outros representantes do partido do puño e a rosa na zona e noutros ámbitos, que o animaban a presentarse, decidiu dar ese paso. Licenciouse e doutorou en Dereito pola Universidade da Coruña (UDC), onde obtivo un máster en Avogacía relacionado co ciberbullying entre menores mediante o envío de memes a través de mensaxería instantánea, e outro máster en Dereito de Novas Tecnoloxías na Universidade Pablo de Olavide, en Sevilla -onde estivo a vivir unha tempada-, sobre uso das obras protexidas polos dereitos de autor no ámbito docente e investigador universitario.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.