En marcha a Escola Infantil Municipal de Outes

03 Marzo 2023

Finalmente e co inicio do mes de marzo abriu as súas portas a nova Escola Infantil Municipal de Outes. Situada nas instalacións do antigo colexio vello do Cruceiro de Roo, este novo centro representa en palabras do Concello “un paso adiante para a mellora da conciliación no noso municipio”. Así se expresou o alcalde, Manuel González, na apertura formal do inmóbel.

O centro, que conta con 30 prazas, foi posíbel grazas ao traballo conxunto do Goberno local, a Deputación da Coruña e o Executivo autonómico, que achegou unha axuda de 62.000 euros para a materialización do proxecto na sede do antigo CEIP Emilio de Navasqües (Cruceiro de Roo). Esta actuación supuxo ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Outes que se converte así nunha escola infantil.

A rehabilitación do edificio significou un investimento de máis de 400 mil euros, con fondos procedentes da Xunta, a Deputación da Coruña e do propio Concello.

O alcalde Manuel González informou recentemente que a Administración local ten tamén “un proxecto para habilitar na planta superior do antigo CEIP Emilio de Navasqües un pequeno fogar residencial para oito persoas maiores”.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...