Daniel García, reelexido presidente da ABE

14 Marzo 2023

Na mañá deste 14 de marzo celebrouse en Boiro a asemblea xeral extraordinaria da ABE, que se saldou coa reelección de Daniel García Dosil como presidente da patronal de Boiro para os dous vindeiros anos. Finalizado o pasado venres o prazo de presentación de candidaturas, a única recibida foia a de Daniel García polo que na asemblea deste martes 14 soamente restaba realizar o trámite da ratificación. No mesmo acto, o presidente reelixido estivo acompañado do seu equipo directivo que o seguirá acompañando nesta nova lexislatura.

Equipo directivo

Daniel García Dosil, presidente

Francisco Javier Caamaño Bouzas, videpresidente

Santiago Cajaraville Cardama, secretario

Jesús Manuel Santamaría Somoza, tesoureiro

Cristian Lago, vocal

Luis Miranda Sueiro, vocal

Óscar España Fernández, vocal

Palabras de agradecemento

O presidente amosouse “moi agradecido polo confianza dos socios e do equipo directivo” e expresou que o obxectivo para estes dous anos é “manter o crecemento e a estabilidade económica da entidade así como seguir posicionando a ABE como unha das entidades empresariais mais recoñecidas a nivel nacional”.

De xeito paralelo á reelección celebrouse a asemblea ordinaria anual. No seu transcurso aprobáronse as contas do pasado exercicio e fíxose balance do ano 2022 no que o presidente quixo destacar “a incorporación á ABE de 14 novas empresas, a tramitación de 72 subvencións e captación para as empresas asociadas de 489.000€ en axudas que se traduciron en mais de 700.000€ de investimento”.

Tamén quixo destacar dúas accións estrela da entidade; a primeira os Bonos ABE que “dende a súa posta en marcha a finais de 2020 achegaron as empresas asociadas nada menos que 57.785 € e que agora compleméntanse cos Bonos ABE #negocios10 que practicamente están esgotados apenas 15 días despois de poñerse en circulación” e a segunda o novo sistema de fidelización Puntos ABE que “estreamos en decembro de 2022 e que tres meses despois conta con 1.554 usuarios e 9.798 tíckets rexistrados, un éxito sen precedente nunha iniciativa deste tipo e que nos fai estar enormemente satisfeitos e decididos a seguir apostando por esta ferramenta dixital”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.