Convocada unha nova edición do Premio Rosalía de Castro da Deputación

01 Marzo 2023

O Premio Rosalía de Castro de lingua, convocado pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, chega á súa décimo cuarta edición para seguir “recoñecendo iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico galego, tanto no ámbito da provincia coma de toda Galicia”.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de abril.

O certame está dotado con 15.000 euros e establece un premio de 5.000 euros por cada unha das súas tres categorías: á persoa e á entidade que máis destaquen na promoción da lingua galega e ao proxecto concreto (ferramentas, publicacións/coleccións, portais, web, etc.) de dinamización lingüística que realice un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade e que atenda espazos emerxentes de uso da lingua co obxectivo de premiar a innovación e o futuro.

María Canosa, na categoría A; a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, na categoría B; e o Proxecto Brazolinda, na categoría C, foron os gañadores en 2022. Tamén resultaron premiados en anteriores edicións Xaquín Marín, Xabier P. Docampo, a Agrupación Astronómica Coruñesa ÍO, Pirilampo, Galipedia, Twitter en galego, Proxecto Apego, Correlingua ou a Mesa pola Normalización Lingüística.

A presentación de candidaturas realizarase de xeito telemático a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL). As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 28 de febreiro.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.