O Concello de Boiro participa un ano mais na iniciativa “Europa no teu Concello” do centro Europe Direct A Coruña de información da Comisión Europea que depende da Deputación da Coruña e que ten como obxectivo implicar aos mozos e mozas, facilitar a súa mobilidade internacional e fomentar
a súa participación.
O Concello de Boiro renova a súa adhesión a este proxecto para pertencer á rede descentralizadas de puntos locais de información europea nos Concellos da provincia da Coruña para achegar información europea aos mozos e mozas. O espazo destinado a ofrecer información sobre iniciativas
europeas é o Centro Social de Boiro.
A mocidade de Boiro pode acceder así a publicacións oficiais das institucións europeas, materiais editados por Europe Direct A Coruña, información periódica coas últimas novidades en oportunidades para a xente moza, accións e campañas de sensibilización.




