A Deputación leva a Rianxo e a Narón o proxecto “Ben Vennas Maio”, de Pablo Sanmamed

18 Marzo 2023

Promovido pola Deputación da Coruña para celebrar o día Europeo da Música Antiga, o departamento de Cultura provincial apoia este ano a presentación en Rianxo e en Narón do proxecto “Ben Vennas Maio”, do músico e compositor compostelán Pablo Pérez Sanmamed. As citas, de balde, ás dúas ás 20.30 horas, serán a semana que vén: o martes 21, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, e no Pazo da Cultura de Narón, o xoves 23.

“Ben Vennas Maio” é, en palabras de Sanmamed, «un camiño aberto ás Cantigas de Afonso X a través de dúas linguaxes que se encontran: as da música medieval e do jazz». No proxecto, editado por aCentral Folque en formato vinilo, a música conflúe con outras dúas propostas artísticas: as que ofrecen as fotografías de Eutropio Rodríguez e a creación literaria de Alba Cid. «Música, texto e fotografía», explica o compositor, «presentan entidade propia ao tempo que dialogan sobre os temas centrais do disco: as cantigas, o maio, a primavera, a muller».

A liberdade compositiva e de ornamentación son dúas máximas da proposta de “Ben Vennas Maio”. O público de Rianxo e de Narón poderá gozar dunha viaxe a través de nove cantigas da autoría de Afonso X, reinterpretadas, e nalgún caso musicadas, para a ocasión. «Estas cantigas», salienta Sanmamed, «ofrecen patróns rítmicos moi ricos que cobran outra dimensión ollados desde a cultura do jazz. No plano literario, os textos escollidos achegan puntos de vista que a miúdo sorprenden: é o caso de “Non ven al maio”, unha cantiga que ofrece unha aceda crítica aos excesos dos poderosos».

Para a ocasión, Sanmamed (contrabaixo) estará acompañado por Begoña Olavide (voz e salterio), Elena Tarrats (voz), Xurxo Varela (voz e viola de gamba), Iago Mourinho (piano) e Chus Pazos (batería).

Para o concerto de Rianxo os convites poden retirase na billeteira do Auditorio desde unha hora antes do comezo do espectáculo. Para o de Narón, as reservas están dispoñibles na web www.padroadodecultura.es o no teléfono da billeteira do Pazo da Cultura (981 102 897).

Outros artigos

Detido en Boiro un home por venda de cocaína

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido vendendo cocaína na vía pública. A investigación iniciouse grazas a comunicacións anónimas recibidas, que alertaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...