Política Lingüística e AMTEGA completan a oferta formativa de autoaprendizaxe en liña para o CELGA

09 Febreiro 2023

A Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo en marcha o novo curso de autoaprendizaxe en liña preparatorio do nivel 3 do CELGA (Certificado de Estudos de Lingua Galega). Así o fixeron saber na mañá deste 9 de febreiro o secretario xeral Valentín García, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño.

Segundo explicaron, trátase dun curso de galego que “axuda a mellorar o coñecemento desta lingua e a preparar as probas para obter o CELGA 3, ofertado na modalidade de autoaprendizaxe en liña a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística”.

Con el, dixeron, “buscamos responder á crecente demanda de estudo do galego cunha maior flexibilidade e sen límites”, indicou o representante da Consellería de Cultura e Educación, engadindo que “con este último curso xa temos completa a oferta de autoformación en todos os niveis CELGA”.

Pola súa banda, Julián Cerviño enmarcou esta actuación nas iniciativas que se levan a cabo dende a Xunta de Galicia para “consolidar a lingua e a cultura de Galicia nos ámbitos dixitais”. Citou, entre outros, o Proxecto Nós para colocar ao galego na vangarda das tecnoloxías intelixentes, ou a Memoria Dixital de Galicia.

Tamén dixo que as actuación que se levan a cabo dende a axencia AMTEGA “non soamente permitirán aprender e certificar o uso do galego ou falar no noso idioma cos asistentes virtuais, senón tamén acceder a todos os recursos culturais e históricos nesta lingua”.

Na presentación, celebrada na sede de AMTEGA na Cidade da Cultura, tamén participaron a subdirectora xeral de Política Lingüística, María Lourdes Batán, e o representante de Imaxin/software, Diego Vázquez, empresa que colabora no desenvolvemento dos cursos.

Autoformación en todos os niveis CELGA

O curso constitúe unha adaptación (en liña e de autoaprendizaxe) a partir do curso de CELGA 3  con titorías e contén exercicios de léxico, gramática e comprensión e expresión oral e escrita. Componse de oito unidades cunha media de 30 actividades cada unha nas que o o alumnado poderá comprobar os seus progresos e consultar as respostas. Ademais dos modelos resoltos de exames oficiais do certificado, hai dispoñíbel un vídeo interactivo final de repaso para comprobar o aprendido en cada unidade.

A inscrición  neste novo curso poderá realizarse a partir da segunda quincena de febreiro na plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais, a diferenza dos cursos tirorizados, non hai límite de prazas nin suxeición a datas ou horarios de impartición.

Con este curso, a Secretaría Xeral de Política Lingüística completa a oferta formativa de autoaprendizaxe en liña de todos os niveis CELGA, que comezou en 2021 co CELGA 1 e que continuou en 2022 co CELGA 2 e 4 e cos que se formaron, ata o de agora, máis de 7.000 persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política”. José Manuel Pena

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

“La felicidad”. José Antonio Constenla

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...