
Os restos mortais de Cipriano Pena, xefe de máquinas do Natale Senior, buque no que estaba embarcado traballando para Nova Pescanova en Namibia, e que falecera nun atropelo cando se atopaba na cidade de Walbis Bay chegaron a Ribeira este luns ao mediodía.
A familia mostrouse moi agradecida pola axilidade coa que tanto o consulado como a empresa para a que traballaba tramitaran a repatriación.
Os seus restos poden velarse no Tanatorio do Barbanza, en Xarás, para que os seus amigos e coñecidos poidan achegarse a darlle o último adeus, e o martes á 1 da tarde serán incinerados na intimidade familiar.




